Moción viveiro de empresas presentada no último pleno
CONCELLO DE CEDEIRA
GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
José Luis Vergara Rey
ASUNTO | PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012Reiteración da moción presentada no Pleno Ordinario de Xaneiro
COPIA LITERAL DA MOCIÓN PRESENTADA O 23 DE XANEIRO DE 2012 |
O 18 de outubro do 2011 a Alcaldía renuncia á subvención concedida polo Ministerio de Industria do Goberno de España para a realización do proxecto “Centro Municipal de Empresas”, o que, de maneira coloquial, denominabamos niño ou viveiro de empresas.
O goberno que tivemos o honor de presidir impulsa este proxecto no ano 2009, consciente de que o Concello debe apoiar de forma proactiva a consolidación dun tecido empresarial sólido no noso municipio. Nace á sombra do Plan Ferrol que pretende revitalizar a economía das comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. O Plan Ferrol está detrás das axudas ás empresas que están a instalarse no Parque Empresarial de Cedeira. Coordina fondos europeos, estatais, e galegos, para por a disposición de iniciativas empresariais, finanzamento sen aval a interés cero con longos prazos de carencia e amortización, cando non a fondo perdido, como é o caso da subvención á que se acaba de renunciar.
Sentímonos na obriga de impulsar o viveiro de empresas de Cedeira, como no seu dia se fixo en As Pontes, porque:
- Poría a disposición dos emprendedores cedeireses estudios, oficinas, ou talleres con alquileres a baixo custo, toda vez que se aproveitarían as ventaxas dos sevicios comúns, limpeza, subministros, etc.
- Sería un complemento útil para as empresas instaladas no Parque Empresarial da Trabe.
- Axudaría a que os nosos emprendedores se quedasen no seu pobo. Sería un instrumento para a adquisición de experiencia que lle permitiría á mocidade afrontar as duras esixencias do mundo empresarial. Os principios son sempre os máis difíciles.
- Apoiaría á pequena e mediana empresa, xeradora do maior número de postos de traballo do noso pais. Trátase dun mecanismo de autoemprego que suavizaría a dura situación sociolaboral do noso Concello.
- Sería unha saída para a xuventude que sae cunha extraordinaria formación dos nosos centros educativos. A mocidade formada nas ramas profesionais do IES PUNTA CANDIEIRA é moi apreciada polo empresariado doutros polígonos indutriais. Aspirabamos a que moitos deles exercesen as súas profesións en Cedeira.
Na sesión de 26 de outubro de 2011, da Xunta de Goberno Local, no seu punto 6.3 RATIFICARON A RENUNCIA ÁS AXUDAS DE REINDUSTRIALIZACIÓN acordado polo Alcalde “Debido a la imposibilidad de hacer frente a la aportación municipal” que ascende a 60.250 €.
Desde o Grupo Socialista propoñemos a aprobación dunha moción de reprobación hacia esta resolución tomada polo actual Alcalde e pola súa Xunta de Goberno porque, fronte ás bondades do Viveiro de Empresas, resumidas máis arriba:
- Non dí verdade o Alcalde e con elo a súa Xunta de Goberno cando fala da “imposiblidade de facer frente á aportación municipal”. Basta con mirar o frívolo destino, neste momento de crise e paro, ao que adicarán os fondos que nos enviará a Deputación Provincial.
- A renuncia obedece, unha vez máis, a un espíritu sectario que vai contra os intereses da Institución e de toda Cedeira, porque, igual que fixo eliminando a cor do Palacete, prefiere destruir e despilfarrar os cartos dos contribuíntes, a que permanezan e cobren vida os proxectos que non lles pertencen, por fermosos e importantes que estes sexan.
De igual maneira ínstase ao Goberno Municipal de Cedeira a poñer cantos medios estean ao seu alcance para facer realidade este proxecto tan importante para o futuro dos nosos emprendedores
En Cedeira, a 26 de Marzo de 2012
Deixar un comentario