Blogue da Agrupación Socialista de Cedeira

O último

Imaxe

CENTRO DE SAÚDE

CENTRO DE SAUDE

Rogo Baturro presentado no pleno

ASUNTO PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012

ROGO obra no Baturro

 

 

DATA: 14 de setembro de 2011

Asistentes:

Leopoldo Rubido Ramonde

Alfredo Vilela Santalla

Pablo Luis Nebril López

Juan Carlos Romero Beceiro

Ausentes: Luis Rubido Ramonde

Funcionarios:

Secretaria: Mª Cristina Varela García

Interventor: Jorge Vidal Zapatero

Arquitecta Municipal: Mª Belén Lamas Pardo

Arquitecto Técnico: Agustín Martínez Docanto

 

Ás 14:00 o Alcalde-Presidente indícalle a Alfredo Vilela Santalla que abandone a sala de sesións posto que incurre en causa de abstención, cousa que fai ás 14 horas.

A continuación, Luis Rubido pregunta que acontece se a Xunta de Goberno non resolve o recurso. A Secretaria responde que, transcorrido os plazos legalmente previstos (1 mes), de conformidade co disposto no art. 43.1 da lei 30/1992, o recurso de reposición enténdese desestimado.

En vista do anteriormente exposto, os membros da Xunta de Goberno Local presentes na sesión decide tratar o asunto.

1.1.   RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 12/05/2011 (EXPTE: 2010/024/000010 e 2010/006/000189)

  • 12/05/2011. A XGL, tendo en conta a proposta de resolución da arquitecta municipal de data 05/05/2011 acorda:
  1. “Denegar a licencia de actividade solicitada a nome de D. Alfredo Vilela Santalla en representación de SANTOSCON, S.L. para as obras de instalación de café-bar en O Baturro con Nº de expediente 2010/024/000010.

E como consecuencia, en virtude do artigo 196.2 da LOUGA: Denegar a licenza de obras solicitada a nome de D. Alfredo Vilela Santalla en representación de SANTOSCON, S.L. para as obras de intalación de Café-Bar en O Baturro con Nº de expediente 2010/006/000189.”

  1. “Dar traslado ao Fiscal de Urbanismo do TSXG do incumprimento a orde de paralización de 14 de outubro de 2010”

Notifícase o referido acordo:

ü  a Alfredo Vilela con data 19/05/2011,

ü  remítese certificado do acordo adoptado en Xunta de Goberno Local ao Fiscal do Tribunal Superior de Galicia con data 27/05/2011,

ü  así como á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data 25/05/2011.

Con data 9/06/2011 entra no Concello solicitude do Fiscal de Area de Santiago de remisión de documentación dos expedientes de obra menor 2010/006/000189, actividade 2010/024/000010 e reposición da legalidade urbanística, así como infortme da arquitecta municipal.

Con data 22/06/2011 díctase providencia da Alcaldía solicitando ao servicio de urbanismo a remisión dos expedientes así como do informe da arquitecta municipal.

Con data 07/07/2011 emítese o informe técnico da arquitecta.

Con data 10/06/2011 (R.E. 3580) entra escrito do Servicio Territorial Zona Galicia Norte de Augas de Galicia sobre incoación de expediente sancionador a SANTOSCON, S.L. por obras de recheo e construcción en zona de servidume do Rio de Braxe carecendo de autorización no lugar de O Baturro.

Con data 17/06/2011 (R.E. 3711), Alfredo Vilela Santalla presenta recurso de reposición contra o acordo da XGL de data 12/05/2011 baseándose en:

  1. O expediente de obra menor 2010/006/000154 non se xustifica o arquivo do referido expediente en tanto que os interesados non recibiron ningunha notificación do requerimento de documentación.
  2. Nega que a documentación estea incompleta.
  3. Nas instancias dirixidas ao Alcalde non se fai mención a si a obra é maior ou menor.
  4. Existe desacordo entre os informes técnicos do arquitecto técnico municipal e a arquitecta municipal. O primeiro apóiase no PXOM do 95 e a segunda na lei 2/10.
  5. As obras atópanse en solo de núcleo rural b común, en aplicación da disposición transitoria 1 da LOUGA, calificado no PXOM como solo non urbanizable de núcleo rural e tendo en conta a oedenanza de aplicación segundo o arquitecto técnico as construidas hai máis de 40 anos, están separadas a máis de 5 m do río que en todo caso amparándose nesta ordenanza habería que condicionar a canalizar as augas do río nesa franxa.
  6. Non se pode clasificar de solo rústico unha parte situada no núcleo rural.
  7. Opera o silencio administrativo positivo,…

Con data 30/06/2011 díctase providencia da Alcaldía solicitando á Xefa do Servicio de Urbanismo e Arquitecta a emisión do pertinete informe-proposta co fin de resolver o recurso de Alfredo Vilela Santalla.

Con data 12/08/2011 (R.E. 4802) entra copia do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística incoado pola APLU, na que se resolve:

  1. Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico e en solo de núcleo rural sen as preceptivas autorizacións urbanísticas autonómicas e licencia municipal consistentes en construcción de edificación para café-bar restaurante no lugar de Baturro, Nº1, San Román de Montoxo, no termo municipal de Cedeira.
  2. Comunicar esta resolución aos interesados indicándolles que no plazo de 15 días hábiles poderán presentar alegacións, documentos ou informacións que estimen convenientes e no caso de que teñan por certos os feitos que se describen no corpo desta resolución propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse”

Con data 19/08/2011 emite informe a arquitecta municipal sobre o recurso de reposición interposto: Transcríbese en gran parte na acta,… CONCLUSIÓN: Debería desestimarse o recurso de reposición,… Calquera acto ou resolución relativo ós presentes expedientes deberá notificarse á APLU, por constar incoación de ERLU IU/42/2011, así como a Augas de Galicia por existir expediente sancionador,… así como ó Servicio Provincial de Estradas da CMATI, por estaren en execución obras na zona de afectación da estrada AC-566 sen autorización.

Con data 30/08/2011 informe da TAX, de carácter procedimental,…

Por 3 votos a favor (Leopoldo, Luis Rubido e Pablo Nebril) e unha abstención (Carlos Romero) acorda:

Desestimar o recurso de reposición,… e notificar o presente aordo aos interesados.

 

A ESTE GRUPO CÓNSTALLE QUE AGORA ESTÁ A EXPLOTARSE EN DITA CONSTRUCCIÓN UN ESTABLECEMENTO PÚBLICO, ELEMENTO ÉSTE CUIO CONTROL CORRESPONDE AO CONCELLO.

POR TODO ELO SENTÍMONOS NA OBRIGA DE ROGARLLES QUE FAGAN CUMPLIR A LEI  QUE ATINXE Á PERTURA DE ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS.

 

 

En Cedeira 26 de Marzo 2012

Moción viveiro de empresas presentada no último pleno

CONCELLO  DE CEDEIRA

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

José Luis Vergara Rey

ASUNTO PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012Reiteración da moción presentada no Pleno Ordinario de Xaneiro

COPIA LITERAL DA MOCIÓN PRESENTADA O 23 DE XANEIRO DE 2012

O 18 de outubro do 2011 a Alcaldía renuncia á subvención concedida polo Ministerio de Industria do Goberno de España para a realización do proxecto “Centro Municipal de Empresas”, o que, de maneira coloquial, denominabamos niño ou viveiro de empresas.

O goberno que tivemos o honor de presidir impulsa este proxecto no ano 2009, consciente de que o Concello debe apoiar de forma proactiva a consolidación dun tecido empresarial sólido no noso municipio. Nace á sombra do Plan Ferrol que pretende revitalizar a economía das comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. O Plan Ferrol está detrás das axudas ás empresas que están a instalarse no Parque Empresarial de Cedeira. Coordina fondos europeos, estatais, e galegos, para por a disposición de iniciativas empresariais, finanzamento sen aval a interés cero con longos prazos de carencia e amortización, cando non a fondo perdido, como é o caso da subvención á que se acaba de renunciar.

Sentímonos na obriga de impulsar o viveiro de empresas de Cedeira, como no seu dia se fixo en As Pontes, porque:

  • Poría a disposición dos emprendedores cedeireses estudios, oficinas, ou talleres con alquileres a baixo custo, toda vez que se aproveitarían as ventaxas dos sevicios comúns, limpeza, subministros, etc.
  • Sería un complemento útil para as empresas instaladas no Parque Empresarial da Trabe.
  • Axudaría a que os nosos emprendedores se quedasen no seu pobo. Sería un instrumento para a adquisición de experiencia que lle permitiría á mocidade afrontar as duras esixencias do mundo empresarial. Os principios son sempre os máis difíciles.
  • Apoiaría á pequena e mediana empresa, xeradora do maior número de postos de traballo do noso pais. Trátase dun mecanismo de autoemprego que suavizaría a dura situación sociolaboral do noso Concello.
  • Sería unha saída para a xuventude que sae cunha extraordinaria formación dos nosos centros educativos. A mocidade formada nas ramas profesionais do IES PUNTA CANDIEIRA é moi apreciada polo empresariado doutros polígonos indutriais. Aspirabamos a que moitos deles exercesen as súas profesións en Cedeira.

Na sesión de 26 de outubro de 2011, da Xunta de Goberno Local, no seu punto 6.3  RATIFICARON A RENUNCIA ÁS AXUDAS DE REINDUSTRIALIZACIÓN acordado polo Alcalde “Debido a la imposibilidad de hacer frente a la aportación municipal” que ascende a 60.250 €.

Desde o Grupo Socialista propoñemos a aprobación dunha moción de reprobación hacia esta resolución tomada polo actual Alcalde e pola súa Xunta de Goberno porque, fronte ás bondades do Viveiro de Empresas, resumidas máis arriba:

  1. Non dí verdade o Alcalde e con elo a súa Xunta de Goberno cando fala da “imposiblidade de facer frente á aportación municipal”. Basta con mirar o frívolo destino, neste momento de crise e paro, ao que adicarán os fondos que nos enviará a Deputación Provincial.
  2. A renuncia obedece, unha vez máis, a un espíritu sectario que vai contra os intereses da Institución e de toda Cedeira, porque, igual que fixo eliminando a cor do Palacete, prefiere destruir e despilfarrar os cartos dos contribuíntes, a que permanezan e cobren vida os proxectos que non lles pertencen, por fermosos e importantes que estes sexan.

De igual maneira ínstase ao Goberno Municipal de Cedeira a poñer cantos medios estean ao seu alcance para facer realidade este proxecto tan importante para o futuro dos nosos emprendedores

En Cedeira, a 26 de Marzo de 2012

Pregunta no pleno sobre as obras no Palacete

O 29 de novembro do 2011 accedemos ao expediente referente ás obras no Palacete Municipal realizadas cunha subvención ao abeiro da orde de 10 de febreiro de 2011 da Consellería de Presidencia, publicada no DOG num. 30 de 14/02/2011.

Detectamos algunhas deficiencias que seguro se deben a defecto do consultor máis que a defectos no procedemento administrativo. Repasemos os fitos máis salientables:

  1. O obxecto polo que se nos concede a subvencións éstá descrita no proxecto firmado por Javier López Pita, da empresa SINGLA, S.L. con data de entrada no Concello  de Cedeira de 7 de marzo do 2011 con Nº de Rexistro 1.277, co  de “PROYECTO DE ACTUACIONES EN CALLE DE A AREA Y EN PALACETE MUNICIPAL”. A transcripción textual reza da seguinte maneira “la obra consiste en substituir la caldera existente por una ud. Bomba de calor formada por 2 uds condensadoras, 2 módulos hidrokik interior, y un acumulador de inercia de 750 l. con una potencia eléctrica total 13 KW y circuladores de agua para cada planta, con termostato de ambiente y efectuar labores de limpieza y mantenimiento en los radiadores existentes”.
  2. No mes de abril, previo informe da Arquitecta Municipal e da Intervención, solicitamos a realización do Informe Técnico á empresa SINGLA. A partir deste punto, os seguintes fitos correspóndese co grupo que agora ostenta o goberno.
  3.  Non aparece no expediente ningún proxecto correspondente ao obxecto polo que se solicitou e se concedeu a subvención, o sistema de caldeira.
  4. Hai que esperar a principios de agosto a que a Arquitecta Municipal realice unha proposta como “responsable do servicio de redacción de proxectos técnicos, dirección de obras e coordinación de seguridade e saúde das obras do Concello de Cedeira” no que entresacamos:

“resultando que o Concello de Cedeira decidiu variar parcialmente o contido do proxecto de obra …

PROPOÑO:

1.- Encargar a PROYFE, S.L. a nova redacción redacción do proxecto técnico da obra de “ACTUACIONES EN CALLE DA AREA Y EN PALACETE MUNICIPAL” desglosada da seguinte maneira:

–         

–          Un proxecto técnico para a obra “Actuaciones en Palacete Municipal”, co mesmo orzamento que consta no proxecto inicial, pero referido a actuacions de reparación (mellora e illamento) da cuberta do edificio do Palacete Municipal.”

A respecto deste documento destacamos que:

a)     Non atopamos a providencia da Alcaldía na que se lle solicita á Arquitecta Municipal a proposta de proxecto técnico.

b)     Tampouco encontramos documento algún que acredite a expresión “resultando que o Concello de Cedeira decidiu variar parcialmente o contido do proxecto de obra” nin o órgano que adoptou esta resolución.

  1. A continuación figura PLEGO DE ENCARGO da Alcaldía de 05/08/2011 no que se fai eco da proposta da Arquitecta Municipal, no que insiste na expresión “resultando que o Concello de Cedeira decidiu variar parcialmente o contido do proxecto de obra “Actuaciones en calle de Area y en Palacete Municipal”
  2. Finalmente O “Proxecto en Palacete Municipal” correspondente xa cos arranxos no tellado ten data de abril de 2011 (Ingeniera CCp, autora do proxecto: Alba Rodríguez Couceiro, colegiada Nº 25.621) a pesar de que  o Plego de Encargo tiña data de 5/08/2011.
  • Non nos consta rexistro de entrada e sería bo que explicasen estas discordancias nas datas.
  • Tampouco nos consta a documentación pola que se tramita diante da Xunta a modificación do obxecto da subvención concedida.
  • Finalmente necesitamos conocer o estado no que se atopa a tramitación desta subvención.

En Cedeira, a 26 de marzo de 2012

ROGO ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012

ROGO ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

Según a actual lei vixente da Supresión de Barreiras Arquitectónicas, tódolos edificios e lugares públicos deben estar adaptados, para que as persoas con movilidade reducida poidan entrar e circular por eles de forma totalmente autónoma. Tamén que as diversas estancias non teñan atrancos para que persoas discapacitadas desenvolvan calquera tipo de actividade nelas.

Ainda que melloramos, en Cedeira queda moito  por facer respecto a este tema, por exemplo:

  • Edificios públicos: Correos, algunha dependencia do Concello ( Salón de Plenos,…), interior do Palacete.
  • Nalgunhas beirarrúas hai que suavizar as  rampas.
  • Dentro da Casa do Concello, en concreto o Salón de Plenos, non está adaptado para que as persoas discapacitadas non nos sintamos dicriminadas en calquera dos postos que se ocupen: alcalde, concelleiros, funcionarios ou público.

Desde o Grupo Socialista rogamos ao Goberno Municipal para que poña os medios necesarios para que a  Supresión de Barreiras arquitectónicas en todo o Concello  sexa unha realidade.

En Cedeira a 26 de marzo de 2012

O PP postrado ante as construcións ilegais

O PP ESTÁ PREPARANDO AS CONDICIÓNS PARA FACER DEIXACIÓN DAS SÚAS RESPONSABILIDADES ANTE A CONSTRUCCIÓN ILEGAL

Na Voz de Galicia do pasado venres, 24 de xuño, e no portal de noticias do Café Bar A Marina aparecen unas manifestacións de Luis Rubido Ramonde e Alfredo Vilela Santalla sobre a situación do departamento de Urbanismo.

O primeiro foi anunciado en días pasados, nas páxinas do rotativo mencionado máis arriba, como Concelleiro de Festas. Agora aparece coa credencial de concelleiro de Urbanismo. Nas institucións nas que os comportamentos democráticos están arraigados estes nomeamentos toman carta de natureza no Pleno da Corporación Municipal, que se realiza a tal efecto tras as eleccións. Aquí, en Cedeira, enterámonos primeiro pola prensa e, tamén na prensa, aparecen as primeiras opinións de quen se supón é xa, ademais, o flamante Concelleiro de Urbanismo.

Rubido Ramonde (Luis) refírese ao departamento de Urbanismo describindo o seu “deseño como Kafkiano totalmente inoperante”. Este Concelleiro non explica nada máis. Quédase nos descalificativos. Para atopar algún tipo de explicación hai que ler máis adiante as afirmacións do Concelleiro Alfredo Vilela Santalla de “Atención á Cidadanía”, responsabilidade que igualmente carece do refrendo plenario. Este promotor inmobiliario xa se debuxa coma o auténtico responsable, na sombra, do urbanismo de Cedeira, porque este sí enumera as súas preocupacións.

Fala o Sr. Vilela Santalla de que os xuicios contencioso-admisitrativos “afogan” ao Concello e xa toma parte a favor de quen litiga contra o Concello, xustificando tales contenciosos na parálise dos servicios. Para o señor Vilela a responsabilidade non se sitúa nas ilicitudes dos seus colegas inmobiliarios. Está preparando as condicións para que o Concello de Cedeira se retire e desista da defensa dos seus xustos intereses. Está preparando a argumentación para que o municipio quede por fin postrado ante aqueles especuladores que nada respectan.

Alude tamén D. Alfredo Vilela Santalla aos expedientes de reposición da legalidade urbanístatica. Non nos extraña que estea realmente preocupado, toda vez que a súa derradeira intervención atópase na mesa da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Unha construcción realizada no lugar do Baturro, en solo rústico de especial protección agropecuaria, ao rente do río que dá de beber a Cedeira, polo tanto igualmente afectado pola lei de augas e finalmente ao lado da estrada autonómica AC-566. Un conxunto de lindezas que se adereza cunha desobediencia do decreto de paralización da Alcaldía, cuestión pola que tamén a fiscalía deberá resolver.

Con razón está preocupado este magnífico empresario, pola sorte dalgúns expedientes de reposición da legalidade urbanística que, recordamos, se incóan a instancias de funcionarios independentes contra os que se pode alegar e defender. Polo menos así era antes, cando a lei non era un inimig, senón un instrumento de igualdade. Rubido e Vilela prefieren firmar licencias sen contar cos informes dos funcionarios ou contra os informes dos funcionarios, como sucedía no mandato que rematou co goberno de progreso presidido polo PSdeG-PSOE. Así todo irá máis rápido, claro.

JOSÉ LUIS VERGARA REY, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cedeira